En primeiro lugar hai que falar do que é a imaxe, a cal consiste na representación gráfica da figura humana, ou de calqueira dos elementos que compoñen a personalidade mediante un procedemento de reprodución, no cal o suxeito sexa visible e recoñecible.
Pois ben, dende un punto de vista xurídico hai que dicir que o dereito á propia imaxe ten dous aspectos básicos:
- O aspecto positivo sería o dereito a obter, reproducir e publicar a propia imaxe, e a autorizar a terceiros a que o fagan.
- O aspecto negativo consistiría no dereito a prohibir a mera obtención ou reprodución e publicación da propia imaxe por un terceiro que carece do consentimento do titular para facelo. Neste aspecto inclúese toda publicación que altere a imaxe ou lle dea a esta un sentido anómalo.
Así, atopamos que no seu artigo 7.5 esta lei considera como intromisión ilexítima da intimidade persoal a captación, reprodución ou publicación por fotografía, filme ou calqueira outro procedemento, da imaxe dunha persoa en lugares ou intres da súa vida privada ou fóra destes, agás no caso dos cargos públicos cando:
- A súa imaxe sexa captada durante un acto público ou en lugares abertos ao público.
- Se trate dunha caricatura do mesmo de acordo co uso social.
- A imaxe captada sexa accesoria a unha información gráfica sobre un acontecemento público.
No relativo á lexislación relacionada con este dereito, atopamos:
- A Lei 62/1978, de 26 de decembro, de Protección Xurisdicional dos Dereitos Fundamentais da Persoa. Esta lei concebiuse como un instrumento de elaboración dunha protección efectiva dos dereitos fundamentais que a Constitución consagra no ámbito xurisdicional; tanto civil, penal, como contencioso-administrativo. Establécese tamén unha serie de procedementos xurisdicionais con algunhas particularidades propias, como ofrecer unha tramitación urxente e preferente.
- Os artigos 197, 198 e 201 da LO 10/1995 do Código Penal. Estes buscan a protección da persoa fronte aos delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e a inviolabilidade do domicilio. Así pois establécense no artigo 197 penas de cadea de 1 a 4 anos e multas de 12 a 24 meses para quen se apodere documentos ou efectos personais, intercepte telecomunicacións alleas ou utilice artificios técnicos de reprodución da imaxe captada, vulnerando por conseguinte a intimidade da persoa. A aquelas persoas que difundan ditas imáxes imporánselles penas de prisión de 2 a 5 anos; aínda que nestes delitos, o perdón do ofendido ou, no seu caso, do seu representante legal, extingue a acción penal ou a pena imposta.
Á súa vez, é preciso determinar o alcance de dito consentimento, pois pode ser concedido para a obtención, reprodución e publicación da imaxe, ou ben unicamente para algunha destas accións. Asemade, este pode estar limitado no tempo e/ou ser outorgado para un
caso concreto. Ademais “O consentimento será revocable en
calquera momento, pero haberán de indemnizarse no seu caso, os danos e perxuízos causados, incluíndo neles as expectativas xustificadas" (Art. 2.2 e 2.3 LO 1/1982).
Por último, cabe destacar que a persoa xurídica carece de dereitos da personalidade, pois estes soamente lle corresponden á persoa
física.
Agardamos que a información exposta sobre a imaxe persoal vos fose de utilidade.
Non esquezades transmitirnos as vosas opinións no cuestionario que vos ofrecemos!
Agardamos que a información exposta sobre a imaxe persoal vos fose de utilidade.
Non esquezades transmitirnos as vosas opinións no cuestionario que vos ofrecemos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario