Enquisa

No seguinte enlace atoparedes un formulario no que poderedes expresar a vosa opinión sobre este blog, axudándonos así a mellorar. Moitas grazas por colaborar connosco!

://docs.google.com/forms/d/1LtUpOMtBmxDihfoP7fR2

domingo, 6 de abril de 2014

Roger e os dereitos

Desta volta querémosvos presentar o tema do dereito á propia imaxe e á dignidade persoal dende un punto de vista facilmente comprensíbel. Así presentámosvos o seguinte capítulo da serie "American Dad", onde, paralelamente á trama principal do capítulo, o alieníxena Roger se fai pasar por Kevin Bacon, un famoso actor americano, tras poñerse o seu mesmo e característico nariz.

http://www.seriestotales.com/vercapitulo/?u=www.nowvideo.eu/video/94f9e557e7d81

Si, somos conscientes de que non é moi realista que ninguén se poida facer pasar por outra persoa con só poñerse un nariz falso, pero é precisamente iso o que fai que se comprenda moi ben o tema deste blog.

Durante o capítulo, o alieníxena leva a cabo diversos actos que lle son atribuidos ao actor, o que conlevaría a vulneración da dignidade deste, é dicir, do seu dereito ao honor e á propia imaxe do que falaremos de seguido. Ademais atribúeselle un delito que non acaheceu grazas ás probas visuais que o inculparían, malia non ser un caso moi realista; entrando en xogo os dereitos á asistencia de avogado (art. 17.3 CE) e á tutela xudicial efectiva (art.24 CE), nos que non entraremos en detalles.

Así, no artigo 18.1 da CE atopamos que se establece a garantía do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, co que comprobamos a íntima relación que existe entre estes. Difiniremos entón estes dereitos para introducir o tema que estamos tratando no blog.

Do dereito ao honor non podemos dar unha definición clara, pois non está definido nin na Constitución nin na "Ley Orgánica 1/1982, de 5 de maio, sobre proteción civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe". O dereito á intimidade tampouco ten una definición do seu concepto e implicacións, pero pode ser máis facilmente definido, sendo así entendido como o dereito a impedir o coñecemento por parte de terceiros do noso ámbito persoal e familiar

O dereito á propia imaxe, o cal é entendido como a atribución da potestade para dispor da imaxe física propia impedindo a súa difusión salvo que medie o seu propio consentimento, que sería vulnerado no exemplo.

Agardamos que a entrada vos fose leve e útil.

Saúdos! E xa sabedes, non fagades coma Roger.

Ningún comentario:

Publicar un comentario