Enquisa

No seguinte enlace atoparedes un formulario no que poderedes expresar a vosa opinión sobre este blog, axudándonos así a mellorar. Moitas grazas por colaborar connosco!

://docs.google.com/forms/d/1LtUpOMtBmxDihfoP7fR2

sábado, 19 de abril de 2014

O dereito á propia imaxe na ficción

Nesta entrada gustaríanos tratar o tema da imaxe persoal non soamente enfocando a súa relación coa lexislación, senón atopando exemplos nos que o cinema trata este tema dende un punto de vista diferente.

 A Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe desenvolve os dereitos contidos no artigo 18 CE; ao tempo que afirma que non se aprecia vulneración destes dereitos cando haxa consentimento por parte do suxeito, consentimento que pode ser revogado en calqueira intre.

O art. 7 desta Lei detalla os actos que poden ter a consideración de intromisións ilexítimas de conformidade co regulado pola propia lei. Terán a consideración de intromisións ilexítimas no ámbito de protección delimitado polo artigo 2 desta lei:
 
A localización en calquera lugar de aparatos de escoita, de filmación, de dispositivos ópticos ou de calquera outro medio apto para gravar ou reproducir a vida íntima das persoas.
A utilización de aparatos de escoita, dispositivos ópticos, ou de calquera outro medio para o coñecemento da vida íntima das persoas ou de manifestacións ou cartas privadas non destinadas a quen faga uso de tales medios, así como a súa gravación, rexistro ou reprodución.
A divulgación de feitos relativos á vida privada dunha persoa ou familia que afecten á súa reputación e bo nome, así como a revelación ou publicación do contido de cartas, memorias ou outros escritos persoais de carácter íntimo.
A revelación de datos privados dunha persoa ou familia coñecidos a través da actividade profesional ou oficial de quen os revela.
A captación, reprodución ou publicación por fotografía, filme, ou calquera outro procedemento da imaxe dunha persoa en lugares ou momentos da súa vida privada ou fóra deles, salvo os casos previstos no artigo 8.2.
A utilización do nome, da voz ou da imaxe dunha persoa para fins publicitarios, comerciais ou de natureza análoga.
A imputación de feitos ou a manifestación de xuízos de valor a través de accións ou expresións que de calquera modo lesionen a dignidade doutra persoa, menoscabando a súa fama ou atentando contra a súa propia estima.

A vulneración dos dereitos á honra, á intimidade e á propia imaxe, permiten a obtención dunha indemnización. A lei establece a presunción de prexuízo para os efectos de indemnización sempre que se acredite a intromisión ilexítima.

No seguinte enlace poderedes ver o filme "El show de Truman".

Esta película preséntanos a Truman Burbank, quen cre que é un home corrente ata que se dan unha serie de sucesos que lle fan decatarse de que a súa vida é en realidade un programa de televisión no que el está sendo gravado as 24 horas e no que está constantemente rodeado de actores. Decidido a cambiar isto, Truman planea fuxir desa falsa realidade, na que vivira toda a súa vida, para saír na busca de súa namorada e do mundo real no que ela o agardaba.

É grazas a esta información polo que sabemos que moitas veces os argumentos e temas a tratar de determinadas películas non deixan de ser ficción e que de ningún xeito poderían levarse a cabo coa lexislación vixente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario